Visite ós hostaleiros asociados dende Festasgalicia.com
20 Mai 2009 | A.E.A.S.
 

Xa podemos atopar ós hostaleiros asociados a A.E.A.S. na páxina Web de Festas Galicia (http://www.festasgalicia.com/), páxina creada para a promoción da gastronomía de Galicia.

 A súa finalidade é a promoción das festas e hostalería local de cada municipio durante todo o ano, non só na época das festas. De xeito que se poida acceder ós establecementos de hostalaría dende a propia páxina principal, sen a necesidade de buscar unha festa gastronómica en particular.

O portal de Festas Galicia logrou recentemente o patrocinio de Turgalicia, entidade dependente da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Deste xeito estanse a consolidar como páxina Web de referencia no ámbito das festas gastronómicas da comunidade.

Os hostaleiros de Arcade e Soutomaior, asociados a A.E.A.S., son os primeiros en aparecer como anunciantes. De xeito que dende esta páxina se pode acceder ós datos de contacto de cada establecemento e a fotografías dos locais.

O acceso ós establecementos hostaleiros é directo desde a páxina de inicio entrando mediante un enlace que atoparedes á dereita, dende este enlace poderase seleccionar a localidade desexada, aínda que polo momento Soutomaior é a única localidade existente, xa que os hostaleiros da A.E.A.S. foron os pioneiros.


Avda. Castelao, 47 Glerías
36690 Soutomaior. Pontevedra
aeas [arroba] aeas [dot] org

Tel. 986 700 766
Fax. 986 700 766
Páxina cofinanciada pola