InformaciónCorreo

   Castellano

 




Bonificación xóvenes autónomos

O secretario xeral de Emprego, Valeriano Gómez, anunciou hoxe que a partir do próximo ano os traballadores autónomos menores de 30 anos poderán disfrutar de bonificacións nas súas cuotas, en lugar de acollerse á actual reducción das súas bases de cotización, co que se evita así unha merma nas súas prestacións futuras.

Tras manter un encontro con representantes das organizacións de autónomos ATA, UPTA e CEAT-Cepyme, Gómez explicou que a financiación destas bonificacións corresponderá ós servicios públicos de emprego estatal e autonómicos dentro do orzamento asignado á política de fomento do emprego.

O Goberno do PP estableceu o ano pasado a posibilidade de que xóvenes menores de 30 anos, mulleres e maiores de 45 que emprenderan un negocio autónomo poideran reducir as súas bases de cotización para rebaixar os costes da súa actividade, unha medida á que, según Gómez, se acolleron uns 50.000 xóvenes traballadores por conta propia.

Non obstante, ó cotizar por menores bases, a cuantía das súas prestacións víase disminuida, así como os ingresos que percibía a Seguridade Social. Agora, precisou Gómez, se introducirán modificacións na Ley de Acompañamento dos Orzamentos Xerales do Estado de 2005 para sustituir esta reducción nas bases de cotización por bonificacións para autónomos menores de 30 anos, de tal forma que as súas prestacións non se verán afectadas nin tampouco os ingresos da Seguridade Social."É un coste asumible, pois aínda que aumentan os gastos ó fomento do emprego, tamén crecen os ingresos da Seguridade Social", subraiou.

O secretario xeral de Emprego sinalou que se intenta así adaptar o sistema xeral de estímulos e bonificacións que estará en vigor en 2005 ós traballadores por conta propia. Non obstante, si do diálogo social que o Goberno desenrolará cos axentes sociais a partires do mes de setembro xurdira un novo modelo de bonificacións aplicable en exercicios posteriores ó de 2005, volverá a revisarse o sistema para que del poiden beneficiarse tamén os autónomos.

CONTRATACIÓN DE FAMILIARES.

En canto á reivindicación dos traballadores por conta propia de contratar familiares a través do Réxime Xeral, Gómez sinalou que nos próximos meses, e dentro do proceso de diálogo social con sindicatos i empresarios, se plantexará a posibilidade de reformar o Estatuto dos Traballadores e a Ley Xeral da Seguridade Social para facer posible esta medida.

De momento, o secretario xeral de Emprego avanzou que se introducirán bonificacións nas cuotas para aqueles familiares que colaboren no negocio e sexan dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). En calquera caso, Gómez subraiou que o Gobierno "non renuncia" a reformar a lexislación vixente para dar unha resposta definitiva a este problema.

Ademáis destes temas, o secretario gxeral de Emprego afirmou que neste encontro se ten acordado tamén a participación dos representantes dos autónomos na xestión da formación continua ou a constitución, durante o mes de xullo, da Comisión de Expertos encargada de elaborar a partir de setembro un borrador sobre o Estatuto do Traballo Autónomo que podería estar ultimado a finais do ano que ven.

Respecto o acceso ó desemprego dos autónomos, Gómez insistiu en que o Executivo está estudiando a creación dun fondo que dé cobertura ós traballadores por conta propia no suposto de cese de actividade. Dito fondo, precisou, se financiaría coas propias cotizacións dos autónomos, pero non suporía en ningún caso a extensión do actual sistema de protección por desemprego ós traballadores por conta propia.

A MESA DE AUTÓNOMOS SE AMPLÍA.

Pola súa parte, o presidente da Federación Nacional de Traballadores Autónomos (ATA), Lorenzo Amor, asegurou que o Executivo tamén está analizando a posibilidade de mellorar as prestacións dos autónomos en situación de pluriactividade (é dicir, que cotizan ó mesmo tempo en varios reximes da Seguridade Social), así como de que a capitalización por desemprego poida realizarse a prazos, en lugar de percibirse o 20% nun solo pago. Con isto, según Amor, se perseguiría o mantemento dos negocios autónomos que emprenderan os parados.

Tanto Amor como o secretario xeral de UPTA-UGT, Sebastián Reyna, se mostraron moi satisfeitos co resultado deste encontro e valoraron positivamente a "voluntade política" que está demostrando o Goberno ante a problemática do traballo por conta propia.

Á mesa de diálogo que compoñían estas organizacións se sumou agora a Confederación Española de Autónomos (CEAT), auspiciada pola patronal Cepyme. A súa chegada, según fontes cercanas ós representantes dos autónomos, non sentou demasiado ben, non tanto pola súa presencia na mesa, senon pola forma en que se ten producido ésta. O presidente de CEAT-Cepyme, Aurelio Rodríguez, dixo sentirse moi satisfeito do resultado deste encontro e agradeceu ó Ministerio a súa invitación a incorporarse ó diálogo.

Preguntado por este asunto, o secretario xeral de Emprego sinalou que para medir a representatividade dos autónomos non hai ningún criterio específico, si ben indicou que se tivo en conta a vinculación de algunhas organizacións ós axentes sociais (UPTA a UGT e CEAT a Cepyme) e a implantación consolidada de outras no mundo do autónomo, como o caso de ATA. En calquera caso, afirmou que o Goberno entende que estas tres organizacións representan adecuadamente ó colectivo de autónomos, aínda que matizou que "non considera pechada" esta cuestión.