A USC crea o centro de referencia para o sector turístico de Galicia.
O Cetur adicarase á investigación e o estudio deste ámbito na comunidade.
Nel
participan grupos de áreas como Economía, Xeografía, Filoloxía e Historia da Arte
A universidade presentou o Centro de Estudios e Investigacións Turísticas (Cetur), unha entidade propia, pero na
que participan os concellos de Lugo e Santiago, a Cámara de Comercio de Compostela e a Asociación de Empresarios de Hostelería. A súa finalidade será a de converterse en organismo de referencia e de intelixencia
para o sector turístico galego, co obxetivo de asesorar e ofrecer propostas.
Na presentación estuveron o vicerrector de investigación, Eduardo García-Rodeja, o concelleiro de Turismo, Francisco
Candela, a técnica de Incolsa, Flavia Ramil, e tres portavoces dos grupos de investigación que traballarán no centro, Xosé Manuel Santos, Rubén Lois e Román Rodríguez.
O Cetur xorde froito da
demanda do sector e das administracións de Santiago e Lugo, e se constitúe como un centro mixto adicado á investigación e o estudo do turismo nas súas vertentes económicas, social, territorial e ambiental, que
atenderá as necesidades no só dos empresarios de Lugo e Santiago, senon en toda Galicia.