PROGRAMA DE INICIATIVAS DE EMPREGO, AXUDAS E SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Obxecto:
Facilitar
e impulsa-la posta en marcha daqueles proxectos empresariais innovadores , previamente cualificados como iniciativas locais de emprego ( ILES ) ou como iniciativas de emprego rural ( IER ) inscritos no rexistro
administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego e nas Delegacións Provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, conforme ó disposto no Decreto
9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral.
• Beneficiarios:
Empresas
privadas constituídas a partir dos devanditos proxectos empresariais, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, sempre que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que
o proxecto empresarial foi cualificado como Iniciativa Local de Emprego ou como Iniciativa de Emprego Rural, e soliciten as axudas antes de que transcorra un ano desde o inicio da actividade e cumpran as
condicións e requisitos esixidos para cada tipo de axuda.
• Tipos de axuda:
• Subvención á creación directa de emprego estable para desempregados Subvención de 4.800 euros por cada posto de traballo estable creado que sexa ocupado por desempregados inscritos como tales no Servicio
Público de Emprego. Cando o posto de traballo estable o ocupe unha traballadora desempregada , o incentivo incrementarase nunha contía ata 600 euros . Cando a dedicación sexa a tempo parcial,as contias destes
incentivos serán proporcionais o tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación o no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
• Subvención por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación Subvención equivalente ó 50% dos custos laborais totais , incluídas as cotizacións á Seguridade Social por
tódolos conceptos, correspondentes a un ano como máximo, cun límite de 18.000 euros . Esta subvención é incompatible coa subvención á creación directa de emprego estable para desempregados.
• Apoio á función xerencial Para o acompañamento na instalación da empresa, poderase financia-lo apoio ás funcións xerenciais para axudar ó promotor ou empresario na toma de decisións necesarias para o
funcionamento da empresa. O dito apoio poderá revesti-las formas de titoría, formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade. Subvención de ata o 75% do custo dos servicios recibidos ,
cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.
• Subvención financeira de reducción dos xuros de créditos necesarios para a posta en marcha das empresas cualificadas como ILES ou IER destinadas a financiar, polo menos nun 75%, investimentos en activos fixos.
A subvención será de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo sen que, en ningún caso, o tipo de xuro que deba satisface-lo beneficiario, despois de calculada a
subsidiación, poida resultar inferior a un punto e terá como límite a contía de 5.100 euros por emprego estable creado.
• Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade para aquelas empresas que creen emprego estable para un desempregado inscrito como demandante de emprego no Servicio Público de Emprego. Subvención de ata un
60% dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O importe máximo desta axuda determinarase en atención ó número de postos de traballo estables creados para desempregados, de acordo coa
seguinte escala:
• De 1 a 2 postos de traballo: Ata 12.000 euros.
• De 3 a 10 postos de traballo: Ata 24.000 euros.
• De 11 a 20 postos de traballo: Ata
36.000 euros.
• 21 ou mais postos de traballo: Ata 48.000 euros.
En ningún caso o importe da axuda poderá superar a contía de 6000 euros por posto de traballo creado. Este límite máximo poderá ser excepcionado no caso das IER sempre que a dita excepción estea amparada na
propia definición e características no plan de actuación sectorial correspondente. Serán subvencionables, a través desta axuda, os gastos pola compra de mercadorias, materias primas e outros aprovisionamentos,
arrendamento do local ou maquinaria, man de obra empregada na reforma ou adecuación do local, publicidade e subministros. En ningún caso serán subvencionables, os gastos que poidan ser considerados como
investimento en activo fixo. • Cando a actividade productiva principal das empresas cualificadas como iniciativas de emprego se inscriba dentro dos ámbitos dos novos viveiros de emprego , terán dereito a un
incremento do 10 % da contía das subvencións reguladas nesta orde. • Beneficiarios do programa labora: As axudas de creación directa de emprego estable, subvención financiada e inicio de actividade
incrementaranse nun 10% no caso de desempregados que no momento da alta no correspondente réxime da Seguridade Social estean incorporados e manteñan a condición de beneficiarios do programa labora.
• Prazo de solicitudes:
Con carácter xeral, as solicitudes deberánse presentar antes de que transcorra un ano dende o inicio da actividade ou, nos casos en que se autorizou unha ampliación do prazo antes de que transcorran
dous anos desde a data de calificación. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:
• Subvención de creación directa, emprego estable e
subvención para a asistencia técnica para a contratación de expertos: 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social.
• Subvención financiera: deberá presentarse con anterioridade o
inicio da execución do proxecto de investimento.
• Orde de convocatoria:
Orde do 28 de febreiro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2004 do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (Iles) ou
como iniciativas de emprego rural (Ier) (DOG nº 49, do 10 de marzo).