asociación de empresarios arcade - soutomaior
 

 A FESTA DA OSTRA

Celebrase na parroquia de Arcade a primeira quincena do mes de abril.

A primeira Festa da Ostra organizouse no ano 1987 coa intención de potenciar o consumo da ostra.

Os  ostricultores, hosteleiros e comerciantes colaboran co concello para levar adiante a festa, que hoxe está considerada como unha das grandes da gastronomía galega.

Non é unha casualidade que se escollese a primeira semana de abril como data para a celebración, xa que nesta época é cando a ostra está nas mellores condicións biolóxicas para á súa degustación. Ó atractivo que xa ten a ostra, únese nestes días de festa outros actos musicais, culturais, teatrais, etc... que fan que Arcade rebose de animación e ledicia. Tampouco falta o pregón, co que cada ano pola mañá se inician as festas.

PATRIMONIO

castelo de soutomaiorDentro do amplo patrimonio cultural do Concello de Soutomaior podemos destacar dúas igrexas parroquiais:
A de San Salvador de Soutomomaior, construcción barroca do século XVIII, encravada nun lugar moi especial, por estar rodeada de olivos centenarios.
a de Santiago de Arcade, construcción románica de últimos anos do século XII, moi deteriorada debido ás numerosas reformas posteriores.
É de destaca-lo castelo de Pedro Madruga, que se pode visitar antes de chegar a Soutomaior. A dous kilómetros ó oeste do castelo atópase a capela de Nosa Señora das Neves, coroando o cume da Peneda dende onde se divisa una ampla panorámica da ría de Vigo.

San salvador de Soutomaior Santiago de Arcade

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTAS

PenedaDe gran seguimento é a romaría que ten lugar duas veces ó año no santuario da Virxe da Peneda, o luns de Pascua e o día 5 de agosto.
Alí acoden os romeiros para cumpri-las súas promesas, algúns incluso de xeonllos.

Tamén é moi concorrida a de San Caetano, o día 7 de agosto na capela que está dentro do recinto do castelo.

 

O 6 de agosto é o día de San Salvador, patrón de Soutomaior, onde se celebra una misa coa tradicional procesión na que o pobo sae con tódalas imaxes dos santos, arredor do recinto da igrexa parroquial.

Arcade, pola súa parte, celebra esta festa o 25 de xullo, día de Santiago Apóstol, patrón desta localidade. As festas eclesiásticas complétanse durante a Semana Santa co "Desencravo" en Soutomaior (Venres Santo) e unha procesión en Arcade.

 

LYC Servicios Informáticos